Xove, 27 de outubro, 2023. O grupo Municipal Socialista de Xove, por medio da sua concelleira Rogelia Mariña presentou para o seu debate no pleno ordinario do mes de Outubro dúas Mocións, dous Rogos e unha batería de preguntas.
Presentamos unha Moción solicitando o soterramento dos contedores de lixo nos cascos urbanos de Xove e Palmeiro,
Para mellorar o impacto ambiental, os malos olores e tamén para mellorar a seguridade nas calles, xa que en algunhas delas se producen accidentes de vehículos o estar os contedores instalados nos viales.
Tamén aumentar os contedores na zona rural, onde hai moi poucos contedores de cartón, plásticos e vidro.
Pero o Goberno do P.P. votou en contra argumentando aumento de cos te o que se ve claramente a nula preocupación que este goberno ten co medio ambiente e tamén coa seguridade.
A segunda Moción contra a explotación sexual e a trata de mulleres nenas e neno, onde se pedían unha serie de accións e compromisos para erradicar estas practicas e o compromiso que dende o goberno Local implantar todos os mecanismos para protexer estes colectivos.
Pois tamén neste caso o P.P. votou en contra por descoñecer as implicacións que supón a normativa e o impacto que tería en Xove.
Esta claro como pensan os do P.P. de Xove e a súa nula implicación na protección de grupos vulnerables.
Tamén presentamos dous Rogos
1.-Instalar luces do Nadal na zona rural
Logo se achegan as datas do Nadal, e cada ano vemos que na instalación de luces de celebración e decoración solo se pensa no casco urbano de Xove e Palmeiro. Entendemos que nestas datas a celebración debe chegar a todas as casas do concello, polo que pedimos que se instalen luces tamén na zona rural. Tamén somos conscientes de que poñer a mesma cantidade de luces en todo o concello sería demasíado gasto económico e enerxético, polo que entendemos que intentar repartilas e que non se aglutinen todas no casco urbano sería unha boa opción, así como buscar opcións de decoración máis sostibles e que todas e todos poidamos desfrutar.
Rogo rechazado polo P.P. porque non esta no contrato, se ve claramente as nulas ganas de traballar do Goberno Local.
2.-Rogo
Invitar ás traballadoras/es do servizo de axuda a domicilio a comida da treceira idade.
Con motivo da comida para as persoas da terceira idade, consideramos que se debe invitar ás traballadoras/es do servizo de axuda a domicilio, que comparten todo o ano o día a día con estas persoas, pois tamén ese día sería de recoñecemento da súa gran traballo participando nesta celebración.
O sr Alcalde oponse ao rogo presentado, xa que existe un límete no número de persoas que poden acudir á comida e que a invitación das traballadoras iría en contra dos posibles asistentes á mesma.
O Concello de Xove, por outra banda, cuestiona que se convide a traballadoras da empresa adxudicataria que cobran polo seu traballo, e non se convide aos coidadores particulares ou familiares que atendan aos dependentes, e pregunta onde situar o límite xa que pregunta se deberían convidar aos traballadores do centro médico ou ás farmacéuticas que achegan os medicamentos aos domicilios.
É evidente que a valoración que ten o Sr. Alcalde de este traballo e nula, e todo son escusas, iso si os membros da corporación si asisten e con invitación as súas parellas, xa se ve o tratamento de clasismo que practica o Goberno Local.
Preguntas presentadas polo PSdG-PSOE
1. Parécenos moi positivo o anuncio de ampliación do Polígono Industrial, esperemos que non sexa propaganda electoral do Goberno da Xunta, xa que é unha necesidade urxente, en base o que preguntamos.
Contido especifico de este anuncio, prazos de execución, numero de parcelas, servizo novos e condicións en que se van a ofertar ao tecido empresarial.
-Contemplase neste proxecto a posta ao dia do mal chamado polígono industrial de Moras? Xa que entendemos que non se pode manter no tempo unha área que non cumpre os mínimos da normativa medio ambiental, polo que o deber do Goberno Local de Xove é dar apoio e solucións de futuro a estas empresas.
-En canto ao tema do saneamento, saber si no proxecto se contempla unha depuradora para que os vertidos que van ao rio Guilán cumpran ca normativa medio ambiental.
-E, tamén, si se contempla a mellora de abastecemento de auga, con ampliación de reservas que permita a implantación de empresas que demanden un consumo medio ou alto de auga.
Responde o sr Alcalde que neste caso estamos na fase de contratación da elaboración do proxecto para o polígono, de modo que será unha vez feito o proxecto cando se poda dar información máis detallada sobre a actuación.
Informa que de cincuenta e seis mil metros cadrados da zona a desenrolar, preto de vinte catro mil serán o resultante de solo industrial descontados os terreos para dotacións e servizos.
No referente ao polígono de Morás, lembra que cando foi aprobado o PXOM no ano 2012 permaneceu en solo rústico na medida en que estaba situado na zona de afección de costas e que non podía ser autorizado polo servizo de Costas, ao que engade que nunha recente reunión, foi informado de que unha vez reducida a zona de afección a 100 metros, podería estudarse a aprobación dunha modificación do PXOM a fin de clasificar o solo como urbanizable industrial.
Por outra banda informa que o desenrolo terá que contar coa súa propia captación e sistema de depuración..
Esta claro que isto sona a fume electoral, non hai proxecto, non hai datas de execución, ningun contido solo propaganda.
2. A intervención que se fixo no Burgo de a Barxa en Lago considerámola positiva e, incluso, se pode copiar como exemplo do que se debe ir facendo en todos os burgos do concello.
Pero será consciente o goberno de Xove, que as dúas pontes de acceso tanto na zona Norte coma na Sur, seguen a ser pontes de carro, xa que continuamente están as barandillas arrancadas ou deformadas, o que nos está indicando que cando pasa un camión por elas non colle, polo que a intervención foi positiva, pero quedou coxa.
Tamén se bota en falta a limpeza das estradas en esta zona.
Ten pensado o Goberno de Xove a ampliación e arranxo de estas pontes acorde as necesidades do século XXI?
Cal e o criterio na limpeza de estradas Municipais do Concello?
Responde o sr Alcalde que a ampliación das pontes é un expediente complexo que require autorización de augas cun previa análise da área de asolagamento a longo prazo, polo que no seu momento tivo que ser descartada dita actuación, mentres que no caso da ponte pequena, recoñece que ao ser unha ponte de pedra a solución sería a súa demolición e reconstrución. No referente á limpeza de estradas, defende que a limpeza de estrada comeza en maio e non cesan os dous tractores destinados a dita acción. O que descoñece é se está a preguntar polas estradas provinciais que seguen a estar sen desbrozar logo de preguntar por esta cuestión no pleno provincial de xullo deste ano.
Unha vez mais constatamos que as ganas de traballar son poucas, todo escusas e balóns fora.
2. Ten o GOBERNO Local algo planificado para recuperación de fontes e lavadoiros que están abandonados o longo de todo o concello? Só uns poucos se rehabilitaron.
Responde o alcalde que todos os anos con cargo ao fondo de compensación, coa liña de concorrencia non competitiva, proceden ao arranxo dunha fonte ou lavadoiro que teña auga, ao que poden engadir outros arranxos con fondos municipais.
Aquí se demostra que os criterios son de amiguísimo e compra de votos, e co problema de auga que temos pouca sensibilidade coas necesidades dos veciños e veciñas das aldeas.
3. Cal e o criterio de mellora ou nova construción de muros? Vemos estas obras como unha actuación prioritaria deste Goberno. Entendemos que todo o que sexa melloras para os nosos veciños benvido sexa, pero tamén pedimos que se redacten unhas normas ou criterios que todos coñezamos para establecer, como en todo, prioridades e condicións, e, sobre todo, para que todas e todos os veciños de Xove se beneficien das actuacións do Concello na mesma medida; xa que vemos actuacións con bo criterio ampliando as estradas, pero outras onde se fan muros onde apenas pasa un coche. É polo que pedimos ao Goberno que estableza unhas normas e criterios para este tipo de obras.
O sr Alcalde aclara que a mellora e construción de muros responde sempre e en Concello de Xove todo caso a medidas de seguridade vial, ou excepcionalmente ao ancheamento dun vial cun uso intensivo.
Mais do mesmo, amiguísimo e compra de votos.
4. En que proceso se encontran as solucións para os problemas xa falados no pleno anterior da auga de Xove? Temos algún avance sobre a formación da comisión acordada no pleno anterior?
Informa o sr Alcalde que acaban de contratar a un técnico de recoñecido prestixio para presentar o proxecto de actuacións a executar, quen se comprometeu a presentar o documento aos concelleiros unha vez presentado
Estes dias que empezou a chover, xa os veciños de Xove, volven a ter auga con barro nos seus grifos , e o Goberno sigue estudando xa leva asi 16 anos.
En resumen o grupo Socialista de Xove entendemos que seguimos con un Goberno ausente dos problemas e entretidos nas súas cousiñas e mentres Xove sigue perdendo oportunidades de desenrolarse, e pronto será tarde.