Ao longo da xornada, o grupo, acompañado polo filólogo e cronista oficial de Castroverde Ricardo Polín, visitou os restos da fortaleza da vila, a igrexa e pazo de Vilabade, Soutomerille ou a igrexa prerrómanica de Tórdea, onde os recibiu a deputada de Cultura Iria Castro, que reside na parroquia e que destacou a riqueza patrimonial como un dos grandes potenciais do municipio. A organización de rutas guiadas son parte das actividades organizadas por Mariña Patrimonio para divulgar e sensibilizar na protección do patrimonio,que contan coa colaboración da área de Cultura. Nos últimos meses, organizaron visitas a Riotorto, Trabada, Barreiros ou Lugo.