Ao longo da xornada, o grupo, acompañado polo filólogo e cronista oficial de Castroverde Ricardo Polín, visitou os restos da fortaleza da vila, a igrexa e pazo de Vilabade, Soutomerille ou a igrexa prerrómanica de Tórdea, onde os recibiu a deputada de Cultura Iria Castro, que reside na parroquia e que destacou a riqueza patrimonial como un dos grandes potenciais do municipio. A organización de rutas guiadas son parte das actividades organizadas por Mariña Patrimonio para divulgar e sensibilizar na protección do patrimonio,que contan coa colaboración da área de Cultura. Nos últimos meses, organizaron visitas a Riotorto, Trabada, Barreiros ou Lugo.
Unha vintena de persoas achegáronse o pasado sábado, 28 de outubro, a Castroverde nunha ruta organizada por Mariña Patrimonio para coñecer o patrimonio do concello
Unha vintena de persoas achegáronse o pasado sábado, 28 de outubro, a Castroverde nunha ruta organizada por Mariña Patrimonio para coñecer o patrimonio do concello
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela