Pol, 9 de outubro, 2023. Á súa chegada, os profesionais sanitarios confirmaron o falecemento dunha das dúas persoas que viaxaban no vehículo, cuxo corpo tivo que ser liberado polos Bombeiros de Vilalba.
Foi un particular quen, minutos despois das 18 horas, contacto co 112 Galicia para informar do accidente, que se produciu no quilómetro 2 da LU-760, na parroquia de Fraialde.
Rapidamente, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a colaboración de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, da Garda Civil de Tráfico e dos membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Pol.
O outro ocupante do coche foi evacuado en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.