Cervo, 27 Outubro, 2023, 2023. O lume foi de tal magnitude, que afectou completamente ao teito da segunda planta, do que só ficaron as vigas.
A chamada dun particular ás 16:45, informaba ao 112 Galicia dun lume que se iniciara no salón da vivenda a causa da cheminea no lugar A Fionza, en Cervo.
Axiña, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia deron conta a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, ao GES de Cervo, á Garda Civil, aos axentes da Policía Local e aos Membros de Protección Civil de Cervo.
Tras levar a cabo as tarefas de extinción, os Bombeiros informan ao 112 Galicia de que ardera a cheminea por completo, polo que dúas estancias da planta superior da vivenda víronse afectadas, así como todo o teito, do que só quedaron as vigas. Debido a isto, as autoridades municipais buscan unha vivenda alternativa para as persoas afectadas.
Con todo, unha muller tivo que ser trasladada ao Hospital de Burela.