Foz, 29 de outubro, 2023. Carmen Barba, alumna de 2º ano do Ciclo Medio de Servizos de Restauración, vén de acadar o terceiro posto na clasificación do Galicia Skills 2023.
Coñecidas como as Olimpiadas da FP, a súa fase galega discurriu en Silleda durante os días 25 e 26 de outubro e entregaron os premios o venres. Competiron un total de 200 estudiantes de 84 centros diferentes e 24 especialidades. Durante dúas xornadas, Carmen tivo que demostrar as súas destrezas competindo con outros seis centros galegos. As probas consistían en realizar actividades de preparación, presentación e servizo de alimentos e bebidas así como as de atención á clientela no ámbito da restauración. Entre outras, tivo que identificar viños e licores, preparar cafés e cócteles, forrado de mesas e dobrado de panos…
Estas actividades contribúen a mellorar a motivación do alumnado do IES de Foz.