Un ciclista resultou ferido tras sufrir unha caída no monte en Pedrafita do Cebreiro, en Lugo. Foi a chamada dun particular, pasados uns minutos das 16:00 horas, que alertou ao 112 Galicia do sucedido. Axiña, desde Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense para a atención sanitaria do ferido, o cal se atopaba nun lugar totalmente accesible. Para prestar apoio e respaldo ao equipo médico, desde o 112 pediuse a colaboración dos axentes da Garda Civil. Finalmente, o ciclista foi trasladado pola aeronave ao centro hospitalario de referencia.