A presidente de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “un ano máis Acisa Ribadeo colaborará coa Asociación Española de Loita contra o Cancro. Desde o 16 ao 22 de outubro un total de 35 negocios asociados contarán con huchas para a recollida de donativos destinados a este colectivo. Esta campaña desenvólvese coincidindo co día internacional da loita contra o cancro de mama, que ten lugar o xoves, 19 de outubro, xornada na que as asociacións fan fincapé na importancia da investigación, da ciencia, da prevención e da saúde. Precísanse recursos para estudar, investigar e previr esta enfermidade así como para tratar e acompañar ás mulleres que a sofren, por iso facemos un chamamento moi especial a toda a cidadanía a que aporten o que poidan para esta importante causa, xeralmente finalizamos esta campaña de recadación moi satisfeitos e gustaríanos este ano superarnos”.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Jesús Pérez, dixo que “as persoas que desexen colaborar coa Asociación Española de Loita contra o Cancro de Ribadeo poden deixar os seus donativos nos seguintes locais: A Mirandilla, Pepa Peineta, La Moda Sport, For Friends, Galipizza, Serendipia, Javier Montero, Sanjurjo, Esprit, Xeito, Menfer, La Solana, Vitaldent, Opticalia, Centro Auditivo, La Coqueta, O Indiano, Ginzo Hombre-Mujer, Bimba, Ágora, Casa Mandarina, La Moda, La Moda Básico, R23, Panadería Torviso, Mercería Torviso, Bar Portillo, Anaís, Siñeiro, Librería Juguetería Bahía, O Cabazo, Grisi, Araucaria Gastronómico, Dándara y Farmacia Álvarez Lebredo. Dende Acisa queremos agradecer a colaboración destes establecementos e tamén da AECC que nos permite de novo botarlles unha man nesta importante causa”.