Site icon Crónica3.com A Mariña

San Román celebra desde este xoves as súas Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carme

O venres 13 terá lugar o SanroDance 2023 a partir das 23:00 horas no Pavillón da parroquia, que contará coa participación de DJ Pablo Conxuro, DJ Roquiño e DJ Robert Morr

Cervo, 11 de outubro de 2023. A parroquia de San Román celebrará as Festas na Honra á Virxe do Pilar e á Virxe do Carmen do 12 ao 14 de outubro.

Os diferentes actos previstos foron presentados pola rexedora, Dolores García Caraméns, e por unha representación da Comunidade de Montes de Vilaestrofe, entidade que organiza a festa, coa colaboración do Concello de Cervo.

O programa arrinca o xoves 12, cunha misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo, ás 13:00 horas, seguida da sesión vermú da man do Grupo Fénix, que repetirá a partir das 23:00 horas na verbena, que terá lugar no Pavillón de Deportes da parroquia.

Xa o venres, 13 de outubro, será o SanroDance 2023 a partir das 23:00 horas e que contará coa participación de DJ Pablo Conxuro, DJ Roquiño e DJ Robert Morr.

O sábado 14, volverá celebrarse a misa solemne cantada polo Coro Parroquial de Cervo ás 13:00 horas, e a continuación o Dúo Belinda será o encargado da sesión vermú. A verbena estará protagonizada pola orquestra Galilea e pola Disco Móbil Conxuro.

O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas xornadas festivas na parroquia de San Román.

Exit mobile version