O rexedor explicou que “a partir deste mes de outubro, o Concello de Ribadeo disporá dunha Oficina de Rexistro, que lles permitirá os cidadáns acreditar a súa identidade e obter in situ o seu certificado dixital, sen necesidade de desprazarse a outra cidade dentro ou fora da comarca para realizar estes trámites”.
Vega destacou que “Ribadeo convértese no Concello pioneiro na Mariña e no conxunto da provincia en contar cunha oficina deste tipo habilitada para a expedición de certificados electrónicos das persoas físicas, a través da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre”.
Para o alcalde ribadense “con isto amósase o interese que ten o Concello en estender o coñecemento e uso por parte da cidadanía dos servizos electrónicos, e proporcionar así un método sinxelo, áxil e gratuíto, unha opción de obter este medio de identificación dixital cada vez máis usado”.
Dani Vega indicou que “os usuarios que o desexen, poderán acercarse ata o Concello, sempre mellor mediante cita previa para evitar esperas e colas innecesarias. As citas poderán solicitalas dende a nosa web, no apartado de cita previa, ou no teléfono 982 128 650”.
Para o rexedor trátase “dunha boa noticia, xa que damos un paso na dixitalización non soamente da administración, senón de cada persoa que contará con este servizo gratuíto. Ribadeo quere seguir avanzando como poboación”.