Site icon Crónica3.com A Mariña

Proxección en Burela do documental ‘A vivenda, un ben social?’

O filme, realizado por Sagrario Fernández e Xosé Bocixa, poderase ver ás 12 horas no centro social Xebra!

Burela, 30 de outubro, 2023. O Foro Social da Mariña organiza este sábado 4 de novembro ás 12 horas a proxección do documental A vivenda, un ben social? no centro social burelao Xebra. O filme foi dirixido pola traballadora social Sagrario Fernández, que estará presente no encontro, e o realizador e músico Xosé A. Bocixa. Os seus autores entrevistan, nesta peza de 75 minutos e financiada pola Deputación da Coruña, a diferentes profesionais dos servizos sociais e persoas usuarias para amosar a falta de alternativas habitacionais ofrecidas polos gobernos e a necesidade dunha Lei de Vivenda.

Arquitectos, sociólogas, traballadoras sociais, políticos, persoas sen teito… poñen rostro e voz a un problema que se converte no principal factor de exclusión social en Galicia. Fernández estará presente na proxección de Burela para explicar o proceso de creación do documental, lanzado no ano 2020 e producido polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia, e para conversar co público asistente sobre os puntos de partida os que coloca a súa peza para o debate sobre a vivenda.

Ademais, despois do coloquio o centro social ofrecerá unha sesión vermú, con música e petiscos.

Exit mobile version