Site icon Crónica3.com A Mariña

Por Viveiro pide melloas no parque da Atalaia

Viveiro, 31 de outubro, 2023. O parque infantil da Atalaia (Celeiro) está nun estado lamentable. Mobiliario en mal estado ou totalmente inservible, herba sen cortar, maleza no muro de peche, etc. O estado actual do parque imposibilita o seu uso e desfrute por parte da veciñanza.

Por todo o exposto, rógase ao equipo de Goberno a realización das xestións necesarias para a eliminación das deficiencias indicadas no parque da Atalaia en Celeiro.

Bandeiras avenida de Galicia

As bandeiras situadas na Avenida de Galicia (diante da estación de Autobuses) presentan un avanzado estado de deterioro, feito que dá lugar a unha imaxe de desleixo e abandono.

Subvencións a clubs e asociacións deportivas

Rematando o mes de outubro os clubs e asociacións deportivas teñen pendente de ingresar por parte do Concello as subvencións, tanto nominativas como de organización de eventos, correspondentes ó ano 2023, feito que compromete a posibilidade de planificar os orzamentos da tempada recentemente comenzada, de facer fronte ós gastos da mesma e a organización de novos eventos.

Por todo o exposto, rógase ao equipo de Goberno a explicación en pleno da previsión de data de abono das subvencións do ano 2023 a clubs e asociacións deportivas.

Exit mobile version