Foz, 8 de outubro, 2023. O Concello de Foz agradece o interese dxs participantes na XII simultanea de praias, organizada por ADEGA coa colaboración dos Departamento de Medio Ambiente e Medio Rural de Foz. Lamentablemente atopamos mais de 150 kg de lixo (aparellos de pesca, envases de todo tipo, gomas como ducias de solas de zapatos e numerosos pneumáticos…) na praia de San Pedro de Cangas, unha praia de difícil acceso na que a limpeza faise mais complexa, que afortunadamente puideron ser retirados po las persoas participantes. O obxectivo principal desta actividade e concienciar á sociedade da problemática dos residuos no medio mariño e da necesidade da reducción de plásticos e envases, movilizando a un gran número de persoas en toda Galiza nun mesmo día.
Dende o Concello de Foz o agradecemento ás persoas voluntarias que este 7 de outubro adicaron a maña de sábado á protección destes ecosistemas tan valiosos como ameazados.