Site icon Crónica3.com A Mariña

Os departamentos de Medio Ambiente e de Medio Rural de Foz, convidan novamente a participar na ‘XII Limpeza Simultanea de Praias’

Foz, 2 de outubro, 2023. O Concello de Foz colabora novamente coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) en 2023 na XII edición da Limpeza Simultánea de Praias. Trátase dunha actividade de voluntariado ambiental consistente na limpeza colectiva e reivindicativa en varias praias da Galiza. Ao tempo que se retiran parte dos residuos presentes nos areais, faise unha chamada de atención sobre a problemática do lixo mariño. A actividade terá lugar o vindeiro sábado, 07 de outubro para a recollida manual de lixo na praia de San Pedro, Cangas de Foz. As tarefas de limpeza, durarán aproximadamente tres horas, entre as 16:30h e as 19:30h.

O punto de encontro terá lugar ás 16:30h, no aparcadoiro da Area recreativa dos Castros para acceder posteriormente camiñando á praia. Será preciso levar calzado axeitado, preferentemente impermeable, e luvas para unha maior seguridade durante a recollida.

A actividade conta cunha póliza de accidentes para o voluntariado participante e editaranse camisolas conmemorativas para agasallar ao voluntariado, po lo que as persoas que queiran participar, deberán anotarse previamente, no enderezo electrónico patrimonio.medioambiente@concellodefoz.es co seu nome completo e un teléfono de contacto antes do día 6 de outubro.

Exit mobile version