A Mariña, 15 de outubro de 2023. Os alcaldes de Trabada, Foz e Ribadeo, Mayra García, Fran Cajoto e Dani Vega, solicitarán manter un encontro co conselleiro de Medio Rural, José González, para analizar o acontecido cos lumes declarados o pasado xoves.
Na xuntanza avaliarán a superficie afectada, analizarán os danos ocasionados polos incendios e tentarán concretar as medidas a levar adiante. Os rexedores apostan por iniciar unha estratexia de traballo conxunta para afrontar esta situación, que deixou en total máis de 2.100 hectáreas de monte afectadas, segundo as estimacións realizadas.