O concerto comezará ás 20:00 deste xoves, día 2 de novembro, e a entrada será libre ata completar capacidade. A música estará a cargo da soprano Beatriz Riobó e do pianista Alejo Amoedo.
Os artistas interpretarán as “Cantigas de Martín Codax” na versión de Margarita Viso, “Soedades” de Marcial do Adalid a partir dun texto popular, “As lixeiras anduriñas” de Juan Montes con texto de Salvador Golpe, “Cantiga” de José Castro Chané con texto de Curros Enríquez, e “Mayo longo” de José Baldomir con texto de Rosalía de Castro.
O acto, así mesmo, contará coa introdución “Martín Codax, a identidade da música galega” a cargo do Académico de número da Real Academia Galega de Belas Artes Juan Durán.
O recital, que continuará a celebrarse por diferentes vilas galegas, é o duodécimo adicado á obra de Martín Codax, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2023. Codax é primeiro autor galego do que hoxe entendemos por música galega, tanto da popular como da culta, do que se conserva texto e música.
Na entrada do teatro serán expostos paneis explicativos sobre o Pergamiño Vindel, as cantigas e os compositores do rexurdimento, que servirán de apoio para comprender a importancia do autor homenaxeado na música popular galega.