Por petición expresa de miles de fans, o festival galego poñía á venda onte ás 12 do mediodía os primeiros abonos
Onte ás 12 do mediodía os abonos de Resurrection Fest Estrela Galicia 2024 poñíanse á venda a través da páxina web do festival. Esta medida foi tomada escoitando as miles de peticións de miles de fans que lle demandaban á organización a posta á venda de abonos para os seguidores máis leais: abonos postos á venda antes do anuncio de que artistas formarán parte de Resurrection Fest 2024. Unha maneira de premiar a todos aqueles fans de Resurrection Fest que acoden ao festival sexa cal for o cartel de cada ano.
Estas entradas poñíanse á venda tamén a un prezo especial. Un xesto por parte de Resurrection Fest para premiar a lealdade de miles de fans que volveron a confiar no festival sen anunciarse aínda os artistas que formarán parte da xa mítica cita galega. Con este anuncio, ademais, o festival deu por vendido unha enorme porcentaxe do aforo total do festival.
En tan só un día o festival vendeu a totalidade de miles de abonos dispoñibles a partir do día de onte. Un novo fito na historia do Festival. Desde a organización quérese transmitir o seu agradecemento ás miles de fieis que volveron a depositar a súa confianza en pasar a mellor fin de semana do ano en Resurrection Fest Estrela Galicia. Un ano máis, o festival de rock galego volverá ser o epicentro da música rock en directo de toda España e un dos festivais referencia no seu xénero a nivel mundial.
Á súa vez, o festival afirma que proximamente non só se poñerán á venda as zonas de descanso propias do festival, senón que se irá informando de todas e cada unha das novidades de Resurrection Fest Estrela Galicia 2024.