Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pregunta a Tomé “se vai empregar a Deputación para seguir pagando as carreiras políticas dos cargos socialistas na provincia”

Ameijide esixe a Tomé que deixe de usar a Deputación de Lugo para pagar e impulsar as carreiras políticas de cargos do PSOE na provincia, poñendo como exemplo os casos de José Ramón Gómez Besteiro, Lara Méndez ou o propio presidente provincial, que aproveita o seu cargo para destinar unha inxente e inxusta cantidade de recursos ao concello que goberna mentres desatende ao resto da provincia

Lugo, 23 de outubro de 2023. Os deputados do Grupo Provincial Popular seguen a denunciar o modus operandi do PSOE á fronte da Deputación de Lugo: “empregar os cartos de todos os lucenses para pagar e impulsar as carreiras políticas dos cargos socialistas na provincia”.

O voceiro popular na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, explica que hai unhas semanas que Marisol Morandeira, alcaldesa de Guitiriz e deputada de Muller e Igualdade, recoñeceu durante un pleno municipal que “a miña dedicación e esforzo voulla dedicar ao Concello de Guitiriz nun 90% e un 10% para a Deputación”.

Antonio Ameijide entende que os dous cargos de Marisol Morandeira “son compatibles” e que “é xusto que dedique tempo e esforzo ao seu concello”, pero ese reparto de tempo que anunciou “non é ético” de acordo coas condicións e remuneracións que ten na Deputación.

Antonio Ameijide ve neste caso un novo exemplo “de como a Deputación de Lugo segue a pagar e impulsar carreiras políticas para cargos do PSOE” porque vemos como Marisol Morandeira presume de dedicar só o 10% do seu traballo á Deputación a pesar de que cobra unha dedicación exclusiva (de 60.000€) do ente provincial.

O voceiro popular recorda que non se trata do primeiro caso no que a Deputación de Lugo financia carreiras políticas de cargos socialistas, e recorda os casos de José Ramón Gómez Besteiro, Lara Méndez ou José Tomé, entre outros. “A Deputación de Lugo está para axudar aos municipios da provincia e a todos os seus veciños e xa estamos fartos de ver como unicamente a empregan para impulsar as carreiras políticas daquelas persoas que o PSOE de Lugo quere potenciar”, denunciou.

Exit mobile version