Todos os deputados populares rexistraron no rexistro xeral da Delegación da Xunta en Lugo un escrito á Valedora do Pobo contra as constantes trabas do presidente, incluso prohibicións de Tomé á deputados do PP a entrar a dependencias provinciais, incluso aquelas de acceso público
Lugo, 2 de outubro de 2023. A decisión de José Tomé de seguir vetando a entrada aos deputados populares ás dependencias provinciais provocou que dende o Grupo Provincial Popular se rexistrase un escrito á Valedora do Pobo solicitando a súa asistencia para facer valer os dereitos dos deputados do PP, evitando así “o veto incomprensible” do presidente provincial.
O voceiro popular Antonio Ameijide recorda que nas últimas semanas o presidente Tomé xa vetou a entrada ás dependencias do parque móbil ou ás oficinas de Santa María, entre outras instalacións, unha situación “de total anormalidade que non se debería de dar en ningunha organización democrática”, tendo especial relevancia e gravidade “que non é a primeira vez que se dá esta situación”.
Dada esta situación, dende o Grupo Provincial Popular acoden de novo á Valedora do Pobo para facer valer os seus dereitos xa que “non se pode permitir a actitude absolutista de Tomé que nada ten que ver con unha democracia”.
Dende o Grupo Provincial Popular recordan a Tomé que “el é tan deputado como calquera dos 24 deputados restantes e que na Deputación de Lugo non hai patente de corso para acceder ás diferentes dependencias provincias”. “Sempre que o fagamos dentro da legalidade e o respecto non deberíamos de ter que pedir acceso para visitar calquera dependencia provincial”, indicaron.
Unha actitude que se puido ver hai poucas semanas, cando o presidente da Deputación, cunha orde directa súa, vetou á entrada a axentes de Medio Ambiente ás obras do aparcadoiro de Santa María. “Unha actitude que pode derivar nun expediente e grave sanción económica ao funcionario que fixo cumprir a orde sen sentido de Tomé polo que queremos saber quen vai a pagar esta posible sanción ao funcionario”, preguntou.
Neste senso, dende o Grupo Provincial Popular recordan que o veto de Tomé á instalacións provinciais públicas non se sostén.
Dende presidencia da Deputación realizaron a seguinte reflexión para denegar o acceso aos deputados populares ao Fogar de Santa María:
“As instalacións ás que pretende realizar a visita non son instalacións de acceso público, como tampouco o eran as instalación relativas ao Parque Móbil ás que se referían no seu escrito presentado o 20 de xullo do 2023 ás 11.29 horas, e, por tanto, non sería suficiente coa comunicación realizada”.
Pero, estando as instalacións do Antigo Fogar de Santa María adscritas aos servizos provinciais, e non sendo, en consecuencia, de uso e acceso ao público se non que contan cunha natureza xurídica demanial, a visita deberá ser solicitada e autorizada pola Presidencia, coa finalidade de que non se produzan interferencias no funcionamento dos servizos provinciais”.
A citada argumentación no se axusta a dereito, xa que dende presidencia da Deputación indican que estas instalacións non son de acceso público.
Tal distinción carece de apoio xurídico algún posto que sendo bens demaniais, si cabe distinguir entre os mesmos pola finalidade á que se destinan. E así temos os bens demaniais de uso público destinados á utilización polos cidadáns como poden ser as rúas, ou os parques e, por outro lado, temos os bens demaniais de servizo público que están destinados ao desempeño de función administrativas ou de utilidades públicas como é o caso do Antigo Fogar de Santa María.
Por certo, sobre isto cómpre facer incluso unha salvedade porque no antigo Fogar de Santa María atópase o CENTRAD que e de acceso público sen dúbida algunha. Neste sentido a propia páxina web da Deputación di:
“O Centro de Artesanía e Deseño é un instrumento para a promoción da cultura dos oficios, a integración, a cohesión e a mellora da competitividade dos obradoiros artesáns de toda a provincia. Acolle nas súas salas de exposicións permanentes do Libro, de Traxe, Cestería e Olería Tradicional, xunto coa Colección de Instrumentos Musicais e Obxectos Sonoros.
Convidámoste a achegarte e coñecer este espazo, unha mostra palpable da nosa historia e a nosa cultura, que se fai visible, ademais das instalacións do propio centro, tamén no espazo expositivo da capela de Santa María, nos museos da Rede Museística e nas actividades organizadas e apoiadas pola Área de Cultura da Deputación de Lugo.”
Explican os deputados populares que cando falan de “convidar” a visitalo aos cidadáns, “isto exclúe e fai de peor condición aos Deputados que teñen que pedir permiso expreso”.
Pero deixando a un lado que non todas as instalacións do Antigo Fogar de Santa María son demaniais adscritas a servizos, o certo é que os deputados teñen dereito de acceso tanto aos bens demaniais adscritos a un servizo público como aos dedicados a o uso público, sempre previa comunicación pero sen que sexa necesaria a autorización previa.
A realidade é que nas instalacións do Antigo Fogar de Santa María atópanse os servizos de Recadación, Recadación Executiva, Inspección de Tributos, Servizos aos Concellos, Vías e Obras e Medio Ambiente… Pois ben, todos os citados servizos están abertos ao público con libre acceso xa que na actualidade non se precisa cita previa.