A voceira Lamenta “a pouca humildade política que manifesta”, xa que, apunta, “cando un se presenta á alcaldía, aínda que ao final non goberne en maioría, a prioridade máxima sempre ten que ser ser útil ao pobo que se representa”
“Tivo 5 meses para facelo e para corrixir iso, e non o fixo. Ademais, e tal como lle dixemos, hai proxectos máis necesarios para os veciños de Muras que urxe resolver e tampouco o fai”, insiste.
Dende o PP manifestan que “se ve a todas luces que pretende culpar da súa nula xestión ao resto de grupos políticos, pero non llo imos permitir”, e subliñan que “o prioritario para o concello é, por exemplo, dotalo de servizos básicos que non ten, antes que que o alcalde se fixe un soldo que, por certo, engaden, ao estar en minoría debería de ser consensuado co resto de forzas políticas”.
“QUE SE POÑA A TRABALLAR”
Así, dende o Partido Popular pídenlle a o nacionalista que “se poña a traballar como fan outros alcaldes galegos que tampouco cobran do Concello pero que si teñen un compromiso real cos seus veciños”; de aí que lamenten “a pouca humildade política que manifesta”, xa que, apuntan, “cando un se presenta a alcalde, aínda que ao final non goberne en maioría, a prioridade máxima sempre ten que ser ser útil ao pobo que se representa”.