Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela pasa de rolda na Copa do Rei ante o Lugo Sala (2-7)

Nun partido moi competido o conxunto mariñano comeza perdendo 2-0 pero remonta o encontro antes do descanso

Burela,  18 de outubro, 2023. Este mércores disputouse no Pavillón Municipal de Lugo a 3ª eliminatoria da Copa do Rei, ADC Lugo Sala – Pescados Rubén Burela FS. Un encontro moi emocionante que comezou cun Burela FS algo descolocado, pero que se recompuxo especialmente na segunda parte.

Na primeira metade comeza metendo o primeiro tanto Antonio Diz no minuto 6 tras un pase longo dun compañeiro e tras regatear a Charly e Kaluza. O Pescados Rubén domina o balón e crea numerosas oportunidades pero non logra finalizar con éxito, ocasións especialmente de Malaguti que entre os dous goles do rival tira a portería 4 ou 5 veces sen lograr o tanto. No minuto 9 Iago Rodríguez mete o segundo cun golazo desde a banda que rebota o balón no primeiro pau entrandando polo segundo. A pesar da situación, canto menos, frustrante, o Burela ponse en pé e comeza a responder. No minuto 13 Álex García abre o marcador para o seu equipo cun tamén golazo de remate tras un centro de Isma. Dous minutos despois o Lugo Salga decide atacar con xogo de 5 con Héctor Lana de porteiro-xogador pero no minuto 18 Alberto empata o encontro cun lanzamento desde a banda. Chega o descanso.

No segundo tempo o conxunto de David Rial vénse arriba e xa no minuto 1 Isma adianta o marcador tras conducir o balón desde media pista e un incrible caneo métea entre os paus cun potente disparo afastado. Pouco despois, no 23 Malaguti rompe a mala racha de tiron non certeiro e tras un pase longo de Kaluza consegue o 2-4. No minuto 32 Ismael consegue marcar máis as diferenzas no marcador cun remate tras un pase de Isma ao segundo pau e no 34, de novo Álex García métea ao segundo pau tras un boísimo pase de Alberto. Tras un dobre penalti do LugoSala que detén o muro polaco, Michal Kaluza que como sempre fixo un partido moi destacado, chega a sexta falta do equipo local e Charly marca o 2-7 final no dobre penalti, esta vez, a favor.

O sorteo para a próxima rolda será mañá xoves 19 ás 16.30h. De momento o equipo prepárase para o partido deste sábado, xornada 5, en Vista Alegre ás 18.45h ante o CD Leganés FS.

Ficha Técnica ADC Lugo Sala 2-7 Pescados Rubén Burela FS

ADC Lugo Sala (2): Yerai; Iago Rodríguez, Saúl, Brunito, Miguel -quinteto inicial-, Borja, Antonio Diz, Álex Diz, Héctor Lana, Yago Terrreiro e Cerviño (PS)

Pescados Rubén Burela FS (7): Kaluza; Lucho, Quelle, Isma, Malaguti, -quinteto inicial-, Nico Rosental, Alberto, Álex García, Charly, Ismael, Iago López e Mika (PS).

Goles: 1-0, min 5: Antonio Diz. , 2-0, min. 8: Iago Rodríguez 2-1, min. 12: Alex García. 2-2, min. 17: Alberto. 2-3, min. 21: Isma. 2-4, min. 22: Malaguti. 2-5, min. 31: Ismael. 2-6, min. 33: Álex García. 2-7, min.39: Charly (dobre penalti).

Árbitros: Adrián Calleja Rubio, Gael García Schmid, Jorge Otero Mira, Patricia Doval Rodríguez

TA: Quelle, Ismael, Malaguti, Porto, Iago Rodríguez.

Exit mobile version