Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pescados Rubén Burela FS imponse ao Torreblanca Melilla nun disputado encontro (3-2)

Afianzando ese primeiro posto na clasificación, o Burela continúa sumando con 6 vitorias e un empate nesta sétima xornada ligueira

Burela, 28 de outubro, 202. Esta tarde ás 18.45h no Pavillón Municipal Vista Alegre de Burela xogábase a 7ª xornada da Primeira Division Iberdrola FS, Pescados Rubén Burela FS – Torreblanca Melilla CF. Do mesmo xeito que o do equipo masculino, este encontro tamén se prevía complicado e do mesmo modo así o foi, moi parello ao longo dos 40 minutos de xogo aínda que o equipo mariñán soubo sobrepoñerse ante un adversario moi duro e competitivo.

Na primeira parte abre a quenda de tiros a porta a crack brasileira, Emilly cun forte disparo que se vai por encima do traveseiro. Outra boa oportunidade de Irene Samper no minuto 3 tras un pase de Dany que a deixa soa ante Silvia, quen a frea frustrando o ataque do conxunto local. Despois unha moi boa oportunidade de Ana Luiza cun disparo tras un córner que se vai por encima do traveseiro e outro paradón de Silvia tras un tiro de Irene Samper nos minutos 6 e 7. Mantense o xogo igualado ata o minuto 14 no que nunha falta peligrosísima a favor do Burela, Emilly métea cun incrible disparo directo. Tras unha alta presión do conxunto melillense, xusto antes do descanso o Torreblanca logra empatar cun gol de Silvina de rexeite tras un tiro de Amandinha que detén Jozi Oliveira.

Na segunda parte de novo Emilly comeza cun primeiro tiro a porta no minuto 22 que non atopa a portería. No minuto 26 Cami case adianta o marcador cun disparo potentísimo desde a banda dereita que se vai fóra rozando o segundo pau. Chega o segundo do conxunto de Julio Delgado no minuto 38 cun gol de rexeite de Dany tras un tiro de falta de Cilene que detén a porteira internacional Silvia. Comeza o ataque con xogo de 5 por parte das de Morenín, con Juliana de porteira-xogadora, pero o Pescados Rubén resiste e no último minuto chegan os últimos dous goles, primeiro de Emilly a porta baleira tras un pase longo de Jozi Oliveira e segundos despois a porteira-xogadora, Juliana, métea de cabeza entre os paus, levando a un resultado final 3-2 para o equipo local que continúa unha boísima racha dende o inicio da tempada.

Ao igual que os seus compañeiros do club, as Guerreiras Laranxas descansarán pouco ata o mércores que deberán enfrontarse ao seu habitual rival copeiro nesta tempada 23/24, o Poio Pescamar FS, un derbi que será seguro disputado nuns oitavos de final da Copa da Raíña difíciles para ambos conxuntos galegos.

Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Torreblanca Melilla CF

Pescados Rubén Burela FS (3): Jozi Oliveira; Dany, Irene Samper, Noelia Montoro, Emilly -quinteto inicial-, Cilene, Cami, Jenny, Antía Pérez, Rafinha, Patricia, Lola (P)

Torreblanca Melilla CF (2): Silvia; Amandinha, Nega, Thais, Juliana -quinteto inicial-, Jhennif, Lydia, Ana Luiza, Silvina, Bia, Bia (P).

Goles: 1-0, min. 14: Emilly. 1-1, min. 20: Silvina. 2-1, min. 38: Dany. 3-2, min. 40: Juliana.

Árbitros: Mayra Camila Araujo, José Manuel Carreira Romero, Sergio Piñeiro Rivas, Eva López Seijas.

TA: Antía Pérez (Equipo Local). Silvina, Amandinha, Gonzalo Iglesias (Morenín), Ana Luiza, Silvia (Equipo Visitante).

Exit mobile version