O Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros acordou sacar a licitación a adquisición deste equipamento por 930.000€, co obxectivo de ter un acceso máis rápido e seguro a lugares elevados en situacións de emerxencia
Acordouse sacar a licitación o subministro deste novo equipamento por 930.000€, que se incorporará para mellorar o equipo co que conta o parque chairego. Esta escaleira ten co último tramo articulado 30 metros de altura, o que equivale a uns 10 pisos dun edificio, o que facilita ter un acceso rápido a lugares elevados en situacións de emerxencia, como incendios en inmobles altos. Ademais, fai posible que os efectivos traballen dunha maneira máis segura ao tempo que se salvagarda a seguridade das persoas afectadas neste tipo de emerxencias.
O Consorcio Provincial de Lugo para Prestación do Servizo contra Incendios e Salvamento está formado pola Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia ao 50%, e inclúe os parques de Monforte de Lemos, Barreiros, Chantada, Vilalba, Sarria e Viveiro.