Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Socialista reclama á Xunta valentía para aplicar medidas de impulso para o acceso das mulleres aos órganos de dirección no sector do mar

Patricia Otero reprocha ao goberno galego que non aplique as medidas aprobadas no Parlamento durante esta lexislatura

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2023. A deputada do Grupo Socialista, Patricia Otero, reclamou este martes á Xunta de Galicia que teña valentía para aplicar medidas de impulso para o acceso das mulleres aos órganos de dirección no sector do Mar.

Na Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, a socialista preguntou á representante do goberno galego sobre as medidas impulsadas para promover presenza das mulleres nos órganos directivos no sector do mar. Otero sinalou que “é preciso poñer enriba da mesa este problema” para solucionalo e non negar a súa existencia.

A deputada socialista puxo de relevancia algunhas iniciativas que logo de ser aprobadas na Cámara galega con propostas como o caso da creación dun Observatorio de Igualdade no sector pesqueiro que a Xunta “meteu nun caixón”, así como outras reivindicacións das mulleres do mundo do mar como o establecemento de cotas de representación nos órganos de representación do sector similar ao que xa ocorre nos partidos políticos.

A deputada socialista apunta a que “a Xunta non é valente e que cando lle crea problemas decide non facer nada, non promover ningunha medida para axudar a estas mulleres”. Reivindicou a necesidade de “cambiar as regras do xogo para que as mulleres se presenten” aos postos de dirección. “Imos cara atrás, se reduce o número de mulleres neses órganos en vez de crecer”, lamentou Otero.

Exit mobile version