“É unha competencia da Xunta, pero non actúa coa axilidade necesaria e por iso desde o concello contratamos a unha empresa especializada mellorar o servizo”, asegura a alcaldesa, María Loureiro
“Esta é unha competencia da Xunta, pero non actúa coa axilidade necesaria e por iso desde o concello contratamos a unha empresa para potenciar as actuacións e mellorar o servizo”, asegura a alcaldesa, María Loureiro.
A Xunta de Galicia ten habilitado un número de teléfono, o 012, para as incidencias coas velutinas, “pero os veciños nos transmitiron xa hai tempo que non eran atendidos ou tardaban varias semanas en acudir, polo que decidimos, unha vez máis, asumir desde o concello unha competencia impropia para atender aos veciños nun tema que lles preocupa”.
De marzo a xullo, instaláronse un total de 3.000 trampas en 426 ubicacións do concello. O trampeo profesional consiste na acción de instalar trampas xeolocalizadas, cuns atraentes especiais para capturar nos meses primaveirais raíñas fundadoras de niños, que tras o seu letargo invernal comezan de novo o seu ciclo.
Grazas a esta acción de trampeo, capturáronse 6.389 avespas raíñas e zanganeras. Estes dous tipos de avespas teñen a capacidade de iniciar niños, pois hibernan xuntas.
“Para a colocación das trampas tivéronse en conta varias factores, como a proximidade a vivendas, a detección de focos predilectos de instalación ou a protección de asentamentos apícolas”, explica a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
Ademais, retiráronse 168 niños de velutina, atendendo a máis de 300 veciños e veciñas de Viveiro que solicitaron axuda.