Xs pequenxs desfrutarán da compañía especial da Ra Ramira, que compartirá anacos divertidos e didácticos con eles/as, nos que terán cabida todo tipo de actividades de lecer, como manualidades, contacontos, obradoiros de baile, cine…E un sen fin de alternativas para pasar unhas tardes de outono gozando e aprendendo entre amigos/as. As inscricións xa están dispoñibles na Casa da Cultura. Ademais, tamén está aberto o prazo para anotarse aos obradoiros temáticos dirixidos ao alumnado de primaria que terán lugar cada dous sábados na Casa da Cultura. O primeiro será esta mesma fin de semana, en horario de 10:00 a 11:30 horas (de 1º a 3º de primaria); e de 11:30 a 13:00 horas (de 4º a 6º de primaria).
O Concello de Cervo promove unha serie de obradoiros de lecer dirixidos ás crianzas de Educación Infantil que se desenvolverán na Casa da Cultura, cada martes e xoves, en horario de 17:00 a 18:00 horas.
O Concello de Cervo promove unha serie de obradoiros de lecer dirixidos ás crianzas de Educación Infantil que se desenvolverán na Casa da Cultura, cada martes e xoves, en horario de 17:00 a 18:00 horas.
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
A colaboración de artistas da Mariña converte o Museo do Mar de San Cibrao nun espazo de sensibilización sobre o alzheimer
-
A Xunta dá continuidade ao obradoiro de emprego de xardinería que promoven os concellos de Cervo, Xove e Burela