As familias teñen ata o 9 de novembro -incluído- para presentar a documentación no Rexistro Xeral do Concello
A convocatoria permanecerá aberta ata o 9 de novembro –incluído-.
Cada impreso de solicitude deberá ir acompañado das fotocopias do DNI dos membros da unidade familiar, unha fotocopia do libro de familia, certificado do nivel de renda e factura da compra ou orzamento do material adquirido nun establecemento comercial do municipio. A documentación ten que presentarse no Rexistro Xeral do Concello.
Os impresos e as bases están dispoñibles na Casa da Cultura e no Concello de Cervo e tamén no taboleiro de anuncios da páxina web municipal https://cervo.sedelectronica.es/board/.
Toda a información está tamén dispoñible no BOP con data do 19 de outubro de 2023.
https://www.deputacionlugo.gal/sites/deputacionlugo.org/files/inline-files/18-10-2023.pdf#page=19