“O noso tecido asociativo realiza unha gran tarefa, moitas veces pouco visible, e desde o concello temos que impulsar e promover as súas actividades, das que se benefician moitos veciños e veciñas”, sostén a alcaldesa de Burela, Carmela López.
Esta convocatoria ten por obxecto establecer os criterios e procedementos para a concesión das citadas subvencións durante o exercicio 2023.
As bases e os prazos para presentar as solicitudes poden consultarse no BOP de Lugo de hoxe, luns 2 de outubro: https://www.deputacionlugo.gal/gl/node/79901