Xosé Luís Rivas preguntou ao goberno polo papel da consellería, o Observatorio Lácteo, a Conta Láctea e a Mesa do leite nas xestións dos contratos e sobre os distintos diferenciais entre explotación de 100.000L e 700.000L
O nacionalista cualificou os prezos do leite de “galimatías” tendo en conta que a primeiros de outubro do pasado ano Entrepinares comezaba a pagar o leite dese mes a 57cts máis calidades e sen distíngoos nos volumes de entrega.
A suba foi xeneralizada e as demais industrias “actualizaron “ os seus prezos, aínda que non chegou a tódalas granxas, na mesma intensidade e no mesmo prazo; as pequenas, coma sempre, recalcou o deputado, “foron discriminadas”.
Na súa intervención, recalcou que a suba no prezo chegou ás granxas galegas afectadas durante meses por “perdas constantes” e “disparados” custes de produción.
Por outra parte, explicou que o consumidor final asumiu un incremento de arredor de 30cts/litro nos supermercados e na primavera 2023 producíase una baixada de 5 a 6 cts pero nos supermercados permanecían os prezos “de maneira valente” con contratos para dous ou catro anos. No mes de xullo as industrias entregan propostas ás granxas con novas caídas que poden chegar ata os 5 cts pero tampouco agora existen razón que xustifiquen esta caída, asegurou.
Unha vez máis, criticou o nacionalista, “a industria e a distribución están dispostas a aumentar os beneficios” a costa de “baixa de prezos ao produtor”.
Rivas salientou que “á industria e da distribución que non lles importa extorsionar ao sector entre as explotacións de menos de 100.000 L e as de máis de 700.000 cun “diferencial” de 7 cts, en concreto, “7,65 no mes de xullo”.
O parlamentario insistiu na necesidade da intervención do Observatorio Lácteo, a Conta láctea, a Mesa do Leite e a Axencia de información e Control alimentarios para abordar unha situación que volveu a cualificar de “galimatías” e preguntou ao goberno porque non son publicados os datos de contratación desde a Conselleira cos custes de produción ao fin de servir de referencia nas relacións contractuais entre industria e produción.
Pola súa parte, o director Xeral de Agricultura, gandería e Industrias alimentarias, Silvestre Balseiros Ginerte recoñeceu as críticas do nacionalista e evidencia de datos pouco fiables introducidos na conta láctea e criticou a “inconveniencia” de que cada produtor negocie individualmente os prezos do leite coa industria. O deputado criticou que tanto o PP como o Psoe non xestionaron ben as modificación da cadea alimentar, “non tiveron peito para poñer mecanismos na lei”. A conta láctea, reiterou, “non publica custes de produción periodicamente” e agora, o PP, como mesmo confirmou o conselleiro en sesión plenaria, debe reforzar a conta láctea con subvencións a grupos de asesoramento para que “os datos sexan fiables”.
O deputado urxiu a Balseiros Ginerte a poñer en marcha medidas para acadar datos fiables sobre produción co fin de que a “relación contractual” sexa “seria e rigorosa”, porque de non seren así, dixo “os produtores continuarán en inferioridade de condición”.
Rivas lamentou que o titular da dirección xeral de Industrias alimentarias non avanzara “ningún compromiso” para acadar contratos xustos que teñan en conta o incremento dos custes de produción