Desde a Festa da Faba en Lourenzá os nacionalistas defenden que as persoas que traballan no sector agrario, obteñan niveis de renda, recoñecemento social e servizos que lles permitan vivir dignamente
Desde o Bng destacan o traballo desenvolvido polo sector da faba en Lourenzá e comarca, e inciden en que as políticas para o medio rural tenen que ser estratéxicas “porque son pezas fundamentais para manter a producción de alimentos e aseguran o maior grao posible de soberanía alimentar e serven para avanzar na garantía dunha alimentación saudable para a sociedade, ao mesmo tempo que son parte dun proxecto de ordenación do territorio necesario para o conxunto do noso país” manifestou Xosé Luis Rivas “Mini” que engadíu que o traballo ao longo destes anos dos produtores e produtoras, da cooperativa e de integrantes da IXP deu os seus frutos en moitos ámbitos, coma no cumprimento de obxectivos de desenvolvemento sostible, entre eles a creación de emprego, nunha comarca que leva unha década marcada pola constante sangría de perda de postos de traballo, agravada pola crise industrial e o imprevisible futuro que lle agarda á pesca.
Niveis de renda dignos para a producción agraria
Para o Bng e no que ten a ver xa co Plano Estratéxico da PAC do período 2021-2027 é necesario tamén asegurar niveis de renda dignos á producción agraria e estabilizar os mercados dos produtos agrarios e equilibrar as relacións entre os axentes da cadea agroalimentaria, así como reducir os desequilibrios existentes na agricultura comunitaria posiblitando que as áreas perféricas coma Galiza poidan desenvolver a súa capacidade produtiva.
Os nacionalistas expuxeron tamén a necesidade de que no centro das políticas agrarias estean as persoas que viven no medio rural, nomeadamente as que traballan no sector agrario, para que obteñan niveis de renda, recoñecemento social e servizos que lles permitan vivir dignamente.
Na xornada de ontes, membros do BNG mariñao e laurentino acompañaron á tamén a Beatriz Bascoy, alcaldesa nacionalista do concello de Moeche, que foi o concello convidado á Festa da Faba, ao seren tamén produtores e que celebran a súa festa da Faba o 14 de outubro.