Site icon Crónica3.com A Mariña

Maxia este sábado no Valadouro

O Valadouro, 6 de outubro, 2023. Continuando coa programación socio-cultural de outono, o concello do Valadouro convida a que se acheguen a disfrutar dun espectáculo de maxia o próximo sábado 7 de outubro de 2023 a partir das 20:00h. no salón de actos da Casa da Cultura do Concello.

Este espectáculo chega en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal do Valadouro dentro do programa de dinamización Ler Conta Moito da Rede de Bibliotecas autonómica.

Nesta ocasión a maxia de “O mago Paco” caracterízase pola posta en escena de elementos visuais moi rechamantes que provocan unha dinámica constante no escenario. Deste xeito ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobre todo dos máis pequenos, xa que é un espectáculo pensado por e para eles. Poden xogar, rir, saltar, actuar… formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras. Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público e de momentos emocionantes, divertidos, tolos, emotivos e, sobre todo, inesquecibles.

Un espectáculo de balde para nenos e adultos de 3 a 99 anos (ou mais) no salón de actos do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” do concello do Valadouro o sábado, 7 de outubro ás 20:00h.

Exit mobile version