Tras a candidatura presentada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl), Manuel Balseiro (Nito), do Restaurante Nito e Hotel Ego en Area, Viveiro, e do Hotel Urban, de Viveiro, foi recoñecido na categoría de Premio Empresario Hostaleiro.
Como en anteriores ocasións, a través destes recoñecementos, a organización empresarial quere pór en valor o traballo que realiza a industria hostaleira e a súa contribución ao desenvolvemento económico do país, así como recoñecer aquelas iniciativas que son un claro exemplo e un modelo a seguir para o resto de empresas do ámbito.
Os galardoados recollerán os seus recoñecementos na gala que se celebrará en Madrid o próximo 7 de novembro, na que estarán presentes empresarios do sector e representantes da cadea de valor e das institucións públicas.