A alcaldesa María Loureiro agradece “un ano máis o traballo da asociación Pequenos Pasos e da veciñanza de Landrove nesta xa tradicional festa”
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, quixo “agradecer un ano máis o traballo da asociación Pequenos Pasos e da veciñanza de Landrove nesta xa tradicional festa”.
O venres 13 de outubro, ás 21:00, terá lugar o prendido da chama olímpica, e ás 22.00 horas actuará o grupo Amigos do Folk. Os asistentes ao concerto poderán degustar boliños preñados de balde.
O sábado 14, ás 13:00, o trío Zafiro animará a sesión vermú, e ás 16.00 horas comezarán as V Olimpíadas Rurais. Esa noite haberá unha actuación do grupo Espera que Vou Mexar ás 20:30, cea labrega ás 21:00, e finalmente, ás 23:00; festa co trío Zafiro e con Santín & María Barral.
A programación terá lugar no campo da festa, contando con carpa. Para máis información pódese contactar co número de teléfono 636 01 41 53.
Con estas celebracións, os veciños e veciñas de Landrove regresan á forma de vivir e desfrutar do ocio no rural hai varias décadas. O Concello de Viveiro colabora coa asociación cultural na súa organización.