Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez ofrece a colaboración do Goberno para que As San Lucas de 2023 sexa un éxito en seguridade e asistencia

A Xunta Local de Seguridade revisou o dispositivo que velará pola seguridade no municipio e que preverá o correcto desenvolvemento desta 867 edición

Lugo, 10 de outubro de 2023.- A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, presidiu hoxe a Xunta Local de Seguridade do Concello de Mondoñedo xunto coa da festa As San Lucas 2023. A subdelegada agradeceu o labor da Garda Civil no municipio pola redución das infraccións nestes meses con respecto o mesmo período do ano pasado. Remarcou tamén o descenso dos delitos leves no que levamos de ano e o esclarecementos de todos eles, destacando o gran traballo que estivo realizando a Garda Civil.

A subdelegada informou destes datos do lugar xunto o alcalde, Manuel Otero, e na que tamén participaron representantes e responsables de Seguridade do Concello, da Garda Civil e Subsector de Tráfico, Emerxencias, Policía Local e da Asociación As San Lucas.

Rodríguez referenciou o traballo do corpo para a prevención e concienciación de perigosas realidades a través do plan director realizado en colexios da zona, encargado de impartir conferencias dirixidas a escolares e que teñen como obxectivo alertalos dos riscos de internet e as novas tecnoloxías, o consumo de substancias ou a prevención de incendios forestais, entre outros temas. Para este novo curso, o plan está de volta, tendo xa plantexadas varias charlas.

No tema relativo á violencia de xénero, a subdelegada lembrou que as mulleres que estean a sufrir algún tipo de violencia machista poden denuncialo ben a través do corpo ou ben no número 016, o teléfono que non deixa pegada e que presta asesoramento xurídico e atención psicosocial por persoal especializado ante todas as formas de violencia contra as mulleres.

Festas das San Lucas

A Xunta Local de Seguridade revisou o dispositivo que velará pola seguridade no municipio nos días 17 ao 22 de outubro e que preverá o correcto desenvolvemento desta 867 edición, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia, reunindo a persoas do municipio e arredores. “A Subdelegación colaborará activamente co Concello para que Mondoñedo conte cos días grandes da festa cunha tranquilidade e seguridade excepcional e poida gozar dunha cita consolidada no tempo e na provincia” informou Rodríguez.

Exit mobile version