Site icon Crónica3.com A Mariña

Isabel Rodríguez destaca o compromiso do Goberno cun financiamento de 447.805 euros para cubrir a necesidade de alimento de 8.263 lucenses

Na primeira fase repartiuse na provincia 113.210 quilos de produtos alimentarios cun valor económico que ascendeu aos 187.327 euros e cubriu as necesidades máis básicas de 8.500 persoas

Lugo, 13 de outubro de 2023. A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, visitou hoxe a nave de Cruz Vermella do Polígono Industrial das Gándaras e o almacén do Banco de Alimentos para comprobar o desenvolvemento da última fase do “Programa 2023 de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas” que pon en marcha o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación a través do Fondo Español de Garantía Agraria. Alí destacou o compromiso que está a realizar o Goberno con preto de 8.263 lucenses, destinando a este programa 250.994 quilos de alimentos a través dun investimento de 447.805 euros. Para o conxunto da sociedade española entregaranse 36 millóns de kilos de alimentos cun valor de 88,5 millóns de euros nesta última fase.

A subdelegada, acompañada do responsable do servizo de Agricultura da Subdelegación do Goberno, Enrique Fernández, xunto a presidenta do Banco de Alimentos de Lugo, Amadora Núñez, e o Presidente da Cruz Vermella en Lugo, Luis Abelleira, destacaron o traballo conxunto do Goberno e as ONGs, que “fan posible o apoio ás persoas e colectivos máis vulnerables”. A subdelegada puido ver o esforzo da Cruz Vermella e do Banco de Alimentos para “entregar alimentos cubrir así as necesidades da poboación en risco de pobreza”.

Isabel Rodríguez informou que con esta segunda e última fase do programa do 2023 “afianzamos un dos moitos compromisos que ten o Goberno coa sociedade axudando a moitas persoas e familias con situacións adversas tras as diversas situacións que estivemos a vivir, como foi a crise do COVID”.

A subdelegada comprobou con esta visita aos centros que o traballo de almacenamento e distribución se estea a realizar de forma correcta para que as organizacións colaboradoras se encarguen de trasladar os produtos á cidadanía, destacando que “son clave para que campañas como esta se desenvolvan de forma correcta e chegue a quen que o necesite”.

Entre os produtos que se entregan hai alimentos duradeiros e pouco perecedoiros como son o arroz, garavanzos cocidos, fabas cocidas, atún en conserva, conserva de sardiña, conserva de carne, pasta, tomate frito, galletas, macedonia de verduras, froita en conserva, cacao soluble e tarriños infantís de froita.

Segunda e última fase do programa

Con esta achega, remata o “Programa 2023 de axuda alimentaria ás persoas máis desfavorecidas”, que na primeira fase repartiu na provincia 113.210 quilos de produtos alimentarios cun valor económico que ascendeu aos 187.327 euros e cubriu as necesidades máis básicas de 8.500 persoas. Esta cantidade supuxo o 29% do entregado en maio, entregándose agora o 71 % do total restante.

Exit mobile version