Lugo, 22 de outubro de 2023. A deputada de Cultura Iria Castro mantivo participou este mediodía na homenaxe á mestra mindoniense Andrea López Chao emigrada a Cuba onde desenvolveu, a comezos do século pasado, unha labor pioneira na defensa do dereito á saúde e á educación das mulleres.
No acto, organizado pola Asociación Abrindo Camiño, a deputada, a académica Pilar Cagiao Vila e o xornalista Xosé María García Palmeiro encargáronse da ofrenda floral celebrada Cemiterio Vello de Mondoñedo, fronte á placa homenaxe instalada no pasado verán.
Previamente, Iria Castro participou nunha palestra na que se presentou o libro de actas das Extra XVI Xornadas do Peregrino ‘Abrindo Camiño’. Homenaxe a Andrea López Chao, que tiveron lugar o pasado verán en Mondoñedo e Vilalba, editado polo Vicepresidencia da Deputación, e de proxectou o teaser do documental “Andrea López Chao. O poder de educar”, da man da súa directora, Violeta Ramos Valdés, xornalista e cineasta galego-cubana.
Na súa intervención, Iria Castro renarcou que “é de xustiza asegurarnos de que a memoria de Andrea López Chao e da emigración galega a Cuba se manteña” e animou a continuar a investigación sobre a súa figura como pioneira na defensa do dereito das mulleres á sanidade e á educación a comezos do século pasado, abrindo camiños para todas as que chegamos despois.
Andrea López Chao
Nada en Mondoñedo en 1874, Andrea López Chao emigrou a Cuba en 1904 despois de gañar por oposición a praza de directora do Plantel Educativo do Centro Galego da Habana. Foi a primeira muller Vicepresidenta da Sociedade “Hijas de Galicia” e como representante deste colectivo, que chegou a perto de sesenta mil asociadas, participou no “I Congreso de Mulleres de Cuba” celebrado en 1923.
Participou na creación en 1917 da Sociedade “Hijas de Galicia” para axudar, acoller e asistir sanitariamente as mulleres galegas emigradas en risco de exclusión social e para elo impulsa en 1924 a creación do Hospital e posteriormente do Balneario de “Hijas de Galicia- Concepción Arenal”.