Site icon Crónica3.com A Mariña

Detidos en Ribadeo por roubar nunha casa desaloxada polo incendio

A Garda Civil detivo a tres veciños de Ribadeo, con idades comprendidas entre os 18 e os 31 anos e a un menor de idade como supostos autores dun delito de furto de 750 euros e outros efectos do interior dos anexos dunha vivenda situada neste concello. Os donos foran previamente evacuados ante a proximidade do incendio que afectou á comarca da Mariña e polo cal se decretou a situación 2. As persoas detidas foron postas ao dispor xudicial.

Exit mobile version