O inicio do acto está previsto para as 12:30 horas e no programa figuran os relatos das persoas usuarias da asociación e do alumnado do instituto que compartiron esta experiencia integradora durante o mes de xullo en Italia
No acto, no que participarán a rexedora, Dolores García Caramés, a Directora Técnica Xeral e o Presidente de Saúde Mental A Mariña, María José Nóvoa e Jorge Manchado, respectivamente, o coordinador dos programas Erasmus, Marcelino Luna, a directora do Ies Monte Castelo, María del Carmen Naveira, ou o xefe territorial de Política Social da Xunta de Galicia, Javier Vázquez Nodal, entre outros asistentes, terán un protagonismo absoluto, sen dúbida, os mozos e mozas que participaron na experiencia Erasmus + como son Damián, Rebeca, Alin, Jorge, Ángela e Candela que desfrutaron desta viaxe xuntos/as, co apoio do Concello de Cervo, entendendo que é unha oportunidade única para ampliar fronteiras e contribuír ao seu crecemento persoal.