Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela celebra unha festa de Samaín o 31 de outubro na Praza de Abastos

A actividade, completamente de balde, está organizada pola asociación cultural Arume, e contará con obradoiro de cabazas, contacontos, chocolatada ou cun “desfile das ánimas”

Burela, 25 de outubro de 2023. O Concello de Burela acollerá, o vindeiro martes 31 de outubro, unha Noite das Ánimas para celebrar o Samaín, organizada pola ACM Arume.

O evento terá lugar na praza de Abastos de Burela a partir das 17:00. Haberá actividades para todos os públicas, e dende a organización animan á veciñanza a acudir ás mesmas cos disfraces temáticos propios da ocasión.

Haberá un obradoiro para preparar cabazas, para o cal será necesario que cada participante traia a súa de casa. Estas cabazas serán empregadas no posterior “Desfile das Ánimas”.

Tamén haberá contacontos, chocolatada, e o “Canto da Sinistra Compaña”. Todas as actividades son de balde, debendo estar a cativada menor de 6 anos acompañada sempre dunha persoa adulta.

O Concello colabora un ano máis na realización desta actividade organizada pola Asociación Cultural e Musical Arume xunto a outras entidades do municipio.

Exit mobile version