Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela busca salvar vidas cun obradoiro teórico-práctico este luns para aprender facer unha reanimación cardiopulmonar

Concide coa celebración do Día europeo de concienciación ante o paro cardiaco

Burela, 13 de outubro de 2023. O Concello de Burela organiza este luns, día 16 de outubro, un obradoiro teórico-práctico para aprender a facer unha reanimación cardiopulmonar (RCP).

“Calquera persoa pode verse nunha situación complicada xunto a alguén que necesite unha reanimación cardiopulmonar, polo que este tipo de actividades son fundamentais”, asegura a alcaldesa de Burela, Carmela López.

O obradoiro será ás 18:00 horas no salón de plenos do Concello de Burela e os ponentes Diana García Campos, enfermera da UCI do Hospital Público da Mariña; Yago Pernas Alvarez, técnico en emerxencias sanitarias, e Francisco Muñoz González, médico do Servizo de Anestesioloxía e Reanimación do Hospital Público da Mariña.

A actividade coincide coa celebración do Día Europeo sobre a concienciación ante o paro cardiaco, este ano co lema “Unha sociedade que salva vidas”.

Exit mobile version