Ás deficiencias sobre o mal estado dos vagóns, falta de mantemento, escaseza de persoal e continuas avarias hai que sumar a negativa a renovar a flota que opera entre Ribadeo e Ferrol, onde a liña segue sen electrificarse
O voceiro de infraestruturas do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, explica que a liña FEVE galega “é a gran esquecida polo Ministerio de Transportes” que, ademais de non corrixir as deficiencias que son “de sobra coñecidas” tampouco está a cumprir os compromisos de renovación e modernización da frota.
“As queixas dos veciños e usuarios son frecuentes e alertan sobre o mal estado de trens e vagóns, sobre a falta de mantemento, sobre a escaseza de persoal, sobre retrasos frecuentes e avarías. A todo isto hai que sumar a negativa do Goberno Sánchez a contratar novos equipos, tras o episodio bochornoso dos trens que non cabían polos túneles”-explica o deputado.
O Goberno central tampouco cumpre os reiterados acordos parlamentarios que esixen a posta en marcha dun plan para electrificar a totalidade da liña ferroviaria. Cómpre lembrar que en Galicia só poden circular trens híbridos, pola falta de catenaria, o que implica equipos menos eficientes e modernos. Hai novos trens previstos para Cantabria e Asturias pero non para Galicia.
“Desde o PP vamos a levar esta situación ao Parlamento de Galicia, pero todo apunta a que se non hai presión Sánchez manterá no esquecemento o tren FEVE. Parecera que o queren deixar caer, os primeiros pasos cara o seu desmantelamento”- conclúe Balseiro