Moitas son as persoas que se achegan a algún dos postos dos produtores locais, que alí se atoparán instalados, para mercar as flores e os centros para Todos os Santos e Defuntos coas que despois adornarán os panteóns e os nichos dos seus seres queridos. O Mercado das Flores está aberto entre as nove da mañá e as dúas da tarde.
