Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o 16 de outubro estará aberto o prazo de inscrición no programa ‘Preto de ti’, do Concello de Ribadeo, destinado ás persoas maiores

Ribadeo, 5 de outubro de 2023. Do 5 ao 16 de outubro estará aberto o prazo de inscrición no programa Preto de ti, do Concello de Ribadeo, destinado ás persoas maiores, que poderán participar en manualidades, estimulación cognitiva, tecnoloxía móbil, ximnasia de mantemento, lectura e escritura creativa. O alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, animan a inscribirse nestas actividades.

O rexedor manifestou que “Ribadeo pon en marcha Preto de ti, un conxunto de actividades que queremos propoñer para realizar nos próximos meses”.

Vega subliñou que “Preto de ti quere mellorar e avanzar e por iso quero felicitar a todos os técnicos municipais que traballaron conxuntamente con Elena Sierra, coa concelleira de Benestar Social, que analizaron profundamente aquilo que había conservar e aquilo que había que mellorar. E tamén felicitar ás técnicas, ás persoas que estarán en todas as parroquias e tamén na vila realizando Preto de ti”.

O alcalde convida “a que todo o mundo participe e a que poidamos disfrutar entre todos deste programa de actividades”.

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explicou que “Preto de ti incluye actividades como estimulación cognitiva, que incluiría memoria, crucigramas, sudokus; gimnasia de mantenimiento; lectura y escritura creativa; y tecnología del móvil, entre muchas otras”.

E engadiu que “el plazo de inscripción estará abierto del 5 al 16 de octubre y podrán hacerlo de forma presencial o bien llamando al teléfono 982 129 889 de la Casa da Xuventude. De lunes a viernes de nueve a dos, y los martes y los jueves también de cuatro a seis de la tarde”.

Exit mobile version