Site icon Crónica3.com A Mariña

Animada xornada de exaltación do pemento de Piñeira no Mercado dos Domingos en Ribadeo

Ribadeo, 8 de outubro de 2023. Animada xornada de exaltación do pemento de Piñeira esta mañá no Mercado dos Domingos en Ribadeo.

Houbo Conversas na cortiña coas produtoras e produtores; mostra degustación do pemento de Piñeira a cargo de Mar Orosa, cociñeira do restaurante El Oviedo; e concerto con Paraíso Canto.

Domingo de sol e de calor en Ribadeo no que ducias de persoas se achegaron tamén á contorna da praza de abastos a saborear o pemento de Piñeira nos catro locais hostaleiros que ofreceron tapiñas preparadas con esta exquisitez da horta ribadense. Ademais de aproveitar a mañá para mercar produtos de proximidade e de gran calidade nos postos instalados no Mercado dos Domingos.

A edición deste 2023 rematará o 15 de outubro.

Exit mobile version