Houbo obradoiro de cestería a cargo de Moncho, que espertou moito interese entre as asistentes. Tamén tivo lugar unha mostra e degustación de produtos da horta local a cargo de Felipe Barcia, cociñeiro do restaurante A Horta de San Roque, de Ribadeo, que elaborou salteado de verduras con zamburiñas, ensalada templada de lentellas con ovo poché e salpicón de verdina con lagostinos. A nota musical da xornada correu a cargo de Terreiras. Os Mercados dos Domingos seguirán ata o 15 de outubro.
Animada Festa da Horta en Ribadeo, no primeiro Mercado dos Domingos de outubro