Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de máis de 450 hectáreas
Santiago de Compostela, 12 de outubro de 2023. A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello lugués de Trabada, parroquia homónima, que segundo as últimas estimacións supera as 1.200 hectáreas de superficie afectada.
O lume iniciouse ás 15,16 h. de hoxe e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 4 técnicos, 6 axentes, 9 brigadas, 4 motobombas, 3 pas, 1 unidade técnica de apoio, 6 avións e 3 helicópteros. As lapas obrigaron a cortar a A-8 entres os kms 508 e 524
Na Mariña hai tamén incendios en Foz e Ribadeo.
Por outra banda, continúa estabilizado, dende as 12,16 h. deste mediodía, o incendio rexistrado no municipio ourensán de Avión, parroquia de Nieva, que segundo as últimas medicións afecta unha superficie de arredor de 70 hectáreas. Para a súa estabilización mobilizáronse, en conxunto, 4 técnicos, 22 axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, 3 pas, 2 avións e 1 helicóptero.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.
Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo,
toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.