Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta inicia a execución de actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Ouro no Concello de Alfoz

Os treitos obxecto das intervencións suman unha lonxitude total de máis de 5 km

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2023. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de iniciar as actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano do río Ouro, no concello de Alfoz.

Estas tarefas desenvolveranse nunha lonxitude de máis de 5 quilómetros, no percorrido deste río por distintos lugares das parroquias de San Pedro de Mor, Bacoi, Carballido e O Castro de Ouro.

Os traballos céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, o río Ouro quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-norte e nas súas zonas de acceso e protección.

A Xunta mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.

Exit mobile version