Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta executa actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Santa Margarida, en Mondoñedo

Estes traballos desenvólvense no percorrido do río por distintos lugares da parroquia dos Remedios

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2023. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Santa Margarida, no concello de Mondoñedo.

Os traballos están a desenvolverse no treito interurbano do río no seu percorrido por distintos lugares da parroquia dos Remedios.

As tarefas céntranse na roza puntual e selectiva e na retirada de árbores e pólas caídas na canle para evitar atoamentos.

Unha vez finalizadas estas actuacións, o río quedará despexado de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.

Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, e nas súas zonas de acceso e protección.

Estas intervencións da Xunta contribúen á mellora dos leitos fluviais para acadar condicións naturais dos ecosistemas que favorezan os aspectos medioambientais e de uso social na contorna dos ríos.

Exit mobile version