Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta de Galicia entregou unha vivenda de promoción pública na rúa Avelino Montero Villegas de Lourenzá

Trátase dun inmoble de 70 metros cadrados con dous dormitorios, que foi adxudicado en réxime de alugueiro. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, lembrou que para acceder ás vivendas de promoción pública que ofrece a Xunta en condicións vantaxosas é preciso inscribirse no Rexistro Único de Demandantes da Comunidade Autónoma. É un trámite sinxelo que pode facerse en liña ou nas oficinas do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Exit mobile version