Trátase dun inmoble de 70 metros cadrados con dous dormitorios, que foi adxudicado en réxime de alugueiro. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, lembrou que para acceder ás vivendas de promoción pública que ofrece a Xunta en condicións vantaxosas é preciso inscribirse no Rexistro Único de Demandantes da Comunidade Autónoma. É un trámite sinxelo que pode facerse en liña ou nas oficinas do Instituto Galego da Vivenda e Solo.